Xurado Sección Oficial : OFestivalON

Xurado Sección Oficial

Farruco Graña

Foi profesor de Teoría da Comunicación e de Teoría da Imaxe Publicitaria na Escola de Arte de Uviéu e actualmente é profesor de filosofía no Instituto de Tapia de Casarego. Colabora habitualmente coa prensa da Mariña e cos xornais dixitais Vieiros e Croniza3 A Mariña. Durante o curso 2006/2007 mantivo a sección “Tempos novos” na edición carballesa de La Voz de Galicia. Ten publicado “O bosque de Nadgor”, coa colaboración de Chenchu López e de Chema Santos Vila. Ademais, participou na publicación “A Coruña á luz das letras”, co artigo “Viva a República!”.

Isabel Risco

Actriz, clown e pedagoga teatral. Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario de A Coruña, na escola Casa Hamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, ou John Wright, entre outros. Dende o ano 2000 participa en espectáculos teatrais e no ámbito audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Land Rober, O Nordés, Padres Casares, A vida por diante ou Air Galicia, e outros programas da TVG como Luar ou O Show dos Tonechos.

José Antonio Corredoira Teijeiro

Licenciado en Xeografía e Historia e desde o ano 2003 é director da Fundación TIC promovida pola Deputación Provincial de Lugo e que xestiona a Escola de Imaxe e Son de Lugo, o Centro de Produción de Programas e a oficina de promoción de rodaxes Lugo Film Commision.

Xurado da Sección Oficial