Edición 2010 : OFestivalON

Edición 2010

OFestivalON 2010

Os gañadores na categoría de:

A Toda Mecha

O Misto de Pau á Mellor Curta, obtendo 3000 € en metálico foi para Andrés Goteira, pola súa produción A Porta, que tiña como protagonistas a Suso López e Pilar Pereira. Desta forma, os premios que se outorgaron foron os seguintes:

  • Misto de Pau á mellor Curta gravada en Galego: A Porta, de Andrés Goteira.
  • Misto de Pau ó mellor Guión: El cine no es lo que era, de Benito Eiroá.
  • Misto de Pau á mellor Direción de Arte: Morir, de Sergio Suchodolsky.
  • Misto de Pau ó mellor Actor: Suso López, por A Porta.
  • Misto de Pau al mejor Actriz: Estíbaliz Veiga, por Inocencia Perdida.
  • Misto de Pau elixido polo público: O Peregrino, de Marcos García.


Sección Oficial

Misto de Pau de Sabugueiro, Mellor Curta de Fición foi para O elixido, de Chema Gagino.

Misto de Pau de Carballo, Mellor Curta Documentaria, levouno El Tránsito, de León Siminiani

Misto de Pau de Castiñeiro, Mellor Curta Animación foi para O Soldadiño de Chumbo, premio que recolleu Chelo Loureiro.

A Mellor Curta do Público, o Misto de Pau de Loureiro, foi para Todo es maybe, de Asier Urbieta, que acudiu á gala para recibir o premio. Todos estas curtas teñen unha compensación de 1.200 €.