OFestivalON 2010
Con cinco edicións ás súas costas, OFestivalON 2010 chega a Ribadeo con máis forza que nunca. Trátase dunha iniciativa onde a creatividade é o máis importante e onde os protagonistas son as curtas de todo o mundo como as que se presentan ao certame A Toda Mecha. Pezas orixinais que invaden o concello lucense durante tres días de verano, sen deixar rincón do municipio sen participar.
Tras recibir case 500 pezas de lugares tan dispares como Sudáfrica, Irán, Brasil, Arxentina, Reino Unido, Australia, Italia, Francia, Alemaña, Suíza e mesmo Corea, a selección das curtas amosará o mellor do panorama galego, español e unha selección do que se está facendo polo resto do mundo. Sen dúbida unha das poucas oportunidades que se presentan para visionar este tipo de traballos e para gozar dunhas noites de cine, música e diversión.
Durante os días 29, 30 e 31 de xullo de 2010, OFestivalON incluirá unha serie de actividades como:
- Sesión de curtas, en teatros e ó aire libre, presentándose en lugares como o Cine Teatro, a Praza da música, o Cantón dos Moreno e o Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. Ademais, OFestivalON contará con diversas curtas convidadas.
- Certame A Toda Mecha¸ no que poderán participar os grupos inscritos e que durante tres días gravarán, editarán e proxectarán a súa curta, pudiendo optar a distintos premios. Orixinalidade e creatividade se misturan neste mesmo escenario.
- A Caixiña dos Mistos O cine máis pequeno do mundo instalarase en Ribadeo durante estos días para entreter ós máis cativos.
- Moita música, xa que cada ano a edición conta coa actuación de diversos grupos que animan o ambiente no municipio. Nesta edición teremos grandes sorpresas! Unha das bandas que xa anunciou a súa participación é Lamatumbá.
- Gala final, coa entrega dos premios ás mellores curtas que participaron nas proxeccións e ás pezas que foron elaboradas no marco do certame A Toda Mecha. Tamén terá lugar a actuación da compañía de danza contemporánea SOLODOSneodans, que presentarán a súa peza “Nozomi”






Inglês
Español
Galego 






