Entrevistas Xurado : OFestivalON

Entrevistas Xurado

FALANDO CON ANTONIO MOURELOS

Antonio Mourelos formou parte do xurado de OFestivalON Five. É actor e director de dobraxe dende 1985 e actor de cine e televisión dende o 2000. Participou en diversas series como “As Leis de Celavella”, “Desaparecida” e “El Comisario”, entre outras, e en cine en películas como “O Lapis do Carpinteiro”, “Los Lunes al Sol”, “Pradolongo” ou “Los Muertos van Deprisa”. Este lugués cóntanos o seu paso polo noso festival.

-          Cre que as curtas proxectadas en OFestivalON son unha mostra de cómo se está a traballar no panorama nacional e internacional?

Calquera festival é un magnífico escaparate. No caso das curtas, prácticamente, o único. Tratar de recoller todo o que se fai a nivel nacional e internacional é imposible. A clave está nunha boa selección. Ata o de agora OfestivalON pode presumir de saber seleccionar. Outros festiváis de máis “solera” non poden dicir o mesmo.

-          Cal foi a peza que máis lle gustou do ano pasado?

A gañadora do ano pasado estaba moi ben, On the line [Premio á mellor curta de ficción]. Tamén había en animación un par de curtas moi interesantes.

-          Foi difícil decidir cales eran as curtas gañadoras?

Desde logo, sempre quedas coa pena de non repartir máis premios.

-          Que opinión lle merece o certame A Toda Mecha? É unha aposta arriscada?

Paréceme máis ca un acerto. Todo o que sexa ir máis alá da exhibición só pode traer beneficios o mundo da curtametraxe.

-          Cal é a mellor lembranza que garda da súa participación en OFestivalON?

Dado que só puiden estar o día da clausura, a xuntanza posterior o acto, onde se falou moito de cine e sobre todo do mundo das curtametraxes

-          A acollida do festival sempre é moi boa en Ribadeo. Deberían realizarse máis festivais en Galicia ou cre que o mercado xa está bastante saturado?

O mercado nunca estará o suficientemente saturado. Pensemos, como dicía antes, que os festivais son prácticamente o único escaparate para as curtametraxes e ao mesmo tempo tamén os únicos lugares de encontro dos apasionados deste mundo. ¡Longa vida aos festiváis de curtametraxes!

-          Verémolo por Ribadeo este ano?

Desgraciadamente este ano non vou poder estar, xa que me coincide con unha viaxe. Ben que o sinto, xa que este é un dos meus festivais favoritos, por como é, e por onde se celebra.