Faladoiro : OFestivalON

Faladoiro

O Faladoiro é un recuncho onde os protagonistas de OFestivalON nos contarán as súas experiencias, anécdotas, dificultades, impresións, etc. Son eles os que fan posible que se leve a cabo esta iniciativa, xa que son os que traballan, os que gravan, os que votan, os que asisten ás proxeccións, ós que lles entusiasma a idea dunha nova edición do festival.

Unha nova sección, dinámica, divertida e coa que pretendemos amosar as distintas formas de ver o festival. Un recuncho, un recanto, un cornecho… un sitio onde as opinións quedarán patentes e un lugar para coñecer de primeira man ós que están detrás e diante da cámara e tamén ós que están ó outro lado da pantalla.