OS CREBINSKY
Día venres 30 – Proxección do filme Os Crebinsky no Cine Teatro ás 21.30 horas.
A película, dirixida por Enrique Otero e protagonizada por Luis Tosar, Miguel De Lira, Sergio Zearreta e Celso Bugallo, será proxectada o venres 30 ás 21.30 horas no Cine Teatro e conta a historia de dous irmáns que son arrastrados pola corrente coa súa vaca e que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa. Os Crebinsky crecen alí, ao pé dun faro, a base de sobrevivir recollendo cousas que trae o mar, as crebas.
Illados dos acontecementos bélicos que lles rodean, crean o seu propio mundo: Un universo particular de realismo fantasioso. O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka, vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ó interior. Trátase dunha road movie auténtica, unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e recordos borrados. “Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen.”

Inglês
Español
Galego 






