Convidados II
Curtas Convidadas II: Estas curtas serán comentadas o día 30 ás 13 horas dentro da Sesión Vermú, no Cantón dos Moreno e proxectadas ás 15 horas no Cine Teatro.
O SOBRIÑO
- Duración: 6’
- País: Galicia (España) | Ano de produción: 2009
- Idioma: Galego
- Director: Omar Rabuñal
- Xénero: Comedia
- Sinopse: Ricardito, o sobriño pijo de Cobiñas, un mariñeiro dos de toda a vida, queda uns días a cargo de seu tío. Pero o mar non está feito para mozos de cidade…
FUGA DE DESCEREBRADOS
- Duración: 6’
- País: Galicia (España) | Ano de produción: 2010
- Idioma: Galego
- Director: Álvaro Pérez Dios
- Xénero: Comedia
- Sinopse: Por culpa da súa tolemia, un home ingresa nun hospital psiquiátrico. Tras resistirse a entrar, unha vez interno comeza a integrarse cos seus compañeiros. As historias sucédense ata que un día un inesperado suceso alentará as intencións dos protagonistas de conseguir os seus obxectivos respecto das súas vidas.
CERO VEINTE
- Duración: 6’
- País: Galicia (España) | Ano de produción: 2010
- Idioma: Galego
- Realizador: Iago Rego
- Xénero: Comedia
- Sinopse: Comedia de situación ambientada nunha emisora de radio que amosa distintas situacións entre os traballadores dun programa de radio nocturno.
Inglês
Español
Galego 






