Convidados I : OFestivalON

Convidados I

Día xoves 29: Proxección dos Artabriños 2010 ás 13 horas no Cantón dos Moreno.

CARIÑO 1941

Sesión Convidados

Sesión Convidados

Xosé Lois Santiago e Pablo Ces

17’

Ole Jacob foi un petroleiro noruego secuestrado por alemáns, que se afundiu diante do porto de Cariño a noiteboa de 1941. A causa foi un ataque dun avión torpedeiro inglés. Os habitantes de Cariño botáronse ó mar para salvar á tripulación arriscando as súas vidas. Como resultado do bombardeo produciuse a que está considerada coma a primeira marea negra que asolou Galicia.

MELODÍA ÁRTABRA

Entrevista con Fuckin' Funkys

Sesión CONVIDADOS

Laura Menéndez

12’

A curta baséase na música de cuna ártabra, concentrándose en diversos enclaves estratéxicos. Busca promocionar as comarcas de Ferrol-Ortegal-Eume, en base ó seu propio panorama musical. Como resultado final, obtense unha ruta de festivais alternativos nestas zonas, e unha lista dos artistas locais máis interesantes.

PAIXÓN

Sesión CONVIDADOS

Sesión CONVIDADOS

Álvaro Liste

17’

A Semana Santa ferrolana é unha tradición e unha celebración. A festa máis importante do calendario cristiano, pero que é o que ten para xerar tanto interese? Acaso neste lugar existe unha especial devoción que non se da noutros lugares? O visitante que chega á cidade trata de descubrir isto.

PANTÍN CLASSIC, LOOKING FOR WAVES

Sesión Convidados

Sesión Convidados

Miguel García

13’
Pantín Classic é unha proba valedeira para o campionato mundial e que ten lugar ó remate de cada verán desde hai máis de 20 anos. Esta praia, durante uns días, converte a Galicia en centro das olladas de todo o mundo por un deporte que cada vez gaña máis adeptos. A praia de Pantín, ano tras ano, está a ser descuberta por máis nómadas.

DOUS HOMES E UN SUICIDIO

Sesión Convidados

Sesión Convidados

Iria López

17’

Samuel é un mozo algo excéntrico, falto de atención e un chisco dado aos dramatismos; pero, sobre todo, é un rapaz realmente torpe. Cando, levándose pola súa habitual autocompaixón, decide rematar con todo e gravar en vídeo o seu propio suicidio, non agardaba que fose tan complicado quitar a vida. Logo de dous intentos fracasados, atopa a solución nos altos cantís da súa terra e acode alí coa idea de saltar por eles. Neste mesmo lugar atopa a Ricardo, un home que, aos seus corenta anos e acabado de divorciar, vese sen casa, sen familia e sen traballo e decide quitarse do medio. Neste punto e neste estado conflúen os dous protagonistas e comeza a narración.