Sesión Convidados : OFestivalON

Sesión Convidados

SESIÓN CONVIDADA: Artabriños 2010


CARIÑO 1941 Xosé Lois Santiago / Pablo Ces 17’

Ole Jacob foi un petroleiro noruego secuestrado por alemáns, que se afundiu diante do porto de Cariño a noiteboa de 1941. A causa foi un ataque dun avión torpedeiro inglés. Os habitantes de Cariño botáronse ó mar para salvar á tripulación arriscando as súas vidas. Como resultado do bombardeo produciuse a que está considerada coma a primeira marea negra que asolou Galicia.

MELÓDICA ÁRTABRA Laura Menéndez 12’

A curta baséase na música de cuna ártabra, concentrándose en diversos enclaves estratéxicos. Busca promocionar as comarcas de Ferrol-Ortegal-Eume, en base ó seu propio panorama musical, dando así a coñecer, as propostas que pasan máis desapercibidas, incluso no propio entorno galego. Como resultado final, obtense unha ruta de festivais alternativos nestas zonas, e unha lista dos artistas locais máis interesantes.

PAIXÓN Álvaro Liste 17’

A Semana Santa ferrolana é unha tradición e unha celebración. A festa máis importante do calendario cristiano, que conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección ten especial reflexo nesta cidade industrial. Pero que é o que ten para xerar tanto interese? A caso neste lugar existe unha especial devoción que non se da noutros lugares? O visitante que chega á cidade trata de descubrir isto.

PANTÍN CLASSIC, LOOKING FOR WAVES Miguel García 13’

Pantín Classic é unha proba valedeira para o campionato mundial e que ten lugar ó remate de cada verán desde hai máis de 20 anos. Esta praia, durante uns días, converte a Galicia en centro das olladas de todo o mundo por un deporte que cada vez gaña máis adeptos. A praia de Pantín, ano tras ano, está a ser descuberta por máis nómadas.

DOUS HOMES E UN SUICIDIO Iria López 17’

Samuel é un mozo algo excéntrico e un chisco dado ós dramatismos. Levándose pola súa habitual auto-compaixón decide rematar con todo e gravar en vídeo o seu propio suicidio, e nese momento atopa a Ricardo, un home que, ós seus corenta anos, vese sen casa, sen familia e sen traballo e decide  tamén quitarse do medio.