Sesión 5
PIGEON IMPOSIBLE
DURACIÓN: 6 minutos
PAÍS: EEUU
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Inglés
DIRECTOR: Lucas Martelll
XÉNERO: Animación
SINOPSE: Walter é un novato axente secreto que ten que afrontar un problema non cuberto polo entrenamento básico: hai unha curiosa pomba atrapada dentro do seu multimillonario maletín nuclear pertencente ao goberno.
LA HISTORIA DE SIEMPRE
DURACIÓN: 11 minutos
PAÍS: España
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Castelán
DIRECTOR: J. L. Montesinos
PRODUTORA: Bastián Films
XÉNERO: Drama
SINOPSE: A conversa telefónica dun home ten en vilo a todos os pasaxeiros dun autobús no que viaxan. Fala coa súa muller, a cal abandonouno hai un mes. Ela está na súa cada. El vai axudala a atopar algo que deixou esquecido ao facer a maleta, pero sobre todas as cousas vai intentar ter unha segunda oportunidade cambiando a vida de todos os que lle rodean.
AS ALMAS DO FENTAL
DURACIÓN: 11 minutos
PAÍS: Galicia (España)
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Galego
DIRECTOR: David Vázquez
PRODUTORA: Asociación Educativo- Cultural Airoa Comunicación
XÉNERO: Drama
SINOPSE: Xosé é un home solitario que habita nunha pequena aldea do interior de Galicia, O Fental, un lugar que está a piques de quedar baleiro. Vive inmerso no seu pasado, recordando cada día a persoas que xa desapareceron. A súa vida transcorre nunha completa rutina: o traballo no campo é a súa única distracción e a radio a única conexión co mundo real.
L’UOMO PERFETTO
DURACIÓN: 8 minutos 45 segundos
PAÍS: Italia
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Italiano
DIRECTOR: Ivano Fachin
XÉNERO: Drama
SINOPSE: Unha historia de liberación, polo descubrimento da dimensión xoguetona da infancia ou a historia dun home perfecto o que a vida lle cambiou grazas a un barco de papel.
ORO VERDE
DURACIÓN: 13 minutos 50 segundos
PAÍS: Arxentina
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Español
DIRECTOR: Ignacio Busquier
PRODUTORA: 16:9 CINE S.R.L.
XÉNERO: Documentario
SINOPSE: Oro verde é un intento de retratar o traballo de tres xeracións de inmigrantes ucranianos dedicados ó cultivo do Té máis austral do planeta en terras de Campo Viera, Misiones, Arxentina. Os diferentes personaxes entrecrúzanse para constru”r unha mirada reflectida en pequenos momentos e detalles da súa rutina na que explotan unha terra á que puideron acceder despois de atravesar medio mundo.
OFELIA
DURACIÓN: 10 minutos
PAÍS: España
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Castelán
DIRECTOR: Anita Sinkovic
PRODUTORA: Potenza Producciones-Grupo Salvaje Films
XÉNERO: Drama Social
SINOPSE: Unha tarde de tormenta… Berros, nervios e algún que outro portazo. En plena discusión entre os seus pais, Ofelia, de sete anos, fuxe á rúa buscando ó seu gato que acaba de escapar. Cada un polo seu lado, vagarán polas rúas baixo unha intensa tormenta. Para Ofelia calquera cousa é mellor que soportar o inferno cotiá en casa…
VIEJOS PERDEDORES
DURACIÓN: 15 minutos
PAÍS: España
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA: Español
DIRECTOR: Rubén Ordieres Blanco
PRODUTORA: Asturfiction S.L. -EPC Producciones
XÉNERO: Comedia
SINOPSE: Unha tarde dos anos 30, Angelón de Piñera aparece na casa do seu antigo entrenador, Manuel Quintana, para pedirlle axuda nun derradeiro e último combate que está decidido a gañar. Pero Quintana sabe que os bos tempos de “Angelón”- se es que algunha vez os tivo- xa pasaron e a súa profesión non lle deu todo o que el esperaba. Asalto tras asalto, Quintana atópase coa difícil tarefa de cortar as hemorraxias dun púxil coa mala costume de parar os puñetazos coa cara.







Inglês
Español
Galego 






