Sesión 4
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
DURACIÓN: 12 minutos
PAÍS: Galicia (España)
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Galego
DIRECTOR: Virginia Curiá e Tomás Conde
PRODUTORA: Continental
XÉNERO: Animación
SINOPSE: Versión do conto de Hans Christian Andersen.
YANINDARA
DURACIÓN: 20 minutos
PAÍS: España
ANO DE PRODUCIÓN, 2009
IDIOMA ORIXINAL, Romaní/Castelán
DIRECTOR: Lluís Quílez
PRODUTORA: Roxbury
XÉNERO: Romántico
SINOPSE: Un poboado xitano. Inmigrantes rumanos que acamparon as súas caravanas e tendas nas aforas dunha cidade calquera. Ule a suor, animais e po. Un coche chega. Do seu interior baixa un estraño. Vai en busca dun milagre. Vai en busca de Yanindara…
EN UN LUGAR DEL CINE
DURACIÓN: 17 minutos
PAÍS: España
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
DIRECTOR: Eduardo Cardoso
PRODUTORA: Dosi Producciones
XÉNERO: Documentario
SINOPSE: A curtametraxe é a primeira pedra da historia do cine.
O ELIXIDO
DURACIÓN: 16 minutos
PAÍS: Galicia (España), 2009
DIRECTOR: Chema Gagino
XÉNERO: Drama/fantástico
SINOPSE: O elixido está desacougado. Leva días sen durmir e está aburrido. Pero non hai nada que o reteña á forza nesa habitación. A parella que o vixila, Edi e Nadia, tamén están nerviosos. Se continúan nese hotel, darán con eles e non poderán cumprir a misión. Pero o elixido xa tomou unha decisión.
STEPS
DURACIÓN: 3 minutos
PAÍS: EEUU
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA ORIXINAL: Inglés
DIRECTOR: Barney Cheng
XÉNERO: Drama
SINOPSE: Unha rapaza, abandonada sendo cativa, reflexiona sobre os pasos que toma a xente cada día e as cousas que poderían terlle pasado se un estraño nunca dera un paso na súa dirección.
BURBUJA
DURACIÓN: 12 minutos
PAÍS: España
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
IDIOMA: Español
DIRECTOR: Pedro Casablanc e Gabriel Olivares
PRODUTORA: El relo Producciones
XÉNERO: Comedia
SINOPSE: Marga e Pili son amigas e viven no mesmo pobo. Marga quere sacarse o carné de conducir, comprarse un coche e saír do pobo para sempre. Mentres que ese día chega, ela e a súa amiga, aproveitan o coche de Hortensio para que as leve e as traia. E aprovéitano ben…






Inglês
Español
Galego 






