Sesión 1
ON LINE
DURACIÓN: 2 minutos
PAÍS: Arxentina, 2009
DIRECTOR: Federico Santillana
PRODUTORA: Frixar Estudios
XÉNERO: Animación
SINOPSE: Un neno e unha nena chatean dende as súas habitacións, por medio de internet, crean unha imaxe virtual deles, de cómo son ou como lles gustaría ser. As veces, por crer que estamos tan conectados, non nos damos de conta do preto que estamos.
VOLTERETA
DURACIÓN: 14 minutos
PAÍS: España, 2010
DIRECTOR: Alexis Morante
PRODUTORA: 700G Films
XÉNERO: Acción-Aventuras/Comedia
SINOPSE: Lolo é un neno andaluz de dez anos que, cousas da vida, ten que mudarse a New York con toda a súa familia. É 1985, e Lolo só coñece América polo cine do seu barrio. Hoxe, Lolo e a súa avoa deciden baixar á piscina da súa nova casa para refrescarse. Pero algo inesperado vai provocar que Lolo teña que enfrontarse a todos os seus medos dunha vez. Porque hai veces que unha simple decisión pode cambiar o resto da túa vida.
O NARCOTRÁFICO NA PUNTA DO NEIXÓN
DURACIÓN: 6 minutos
PAÍS: Galicia-España, 2009
DIRECTOR: Lukas Santiago
PRODUTORA: Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe-Concello de Boiro
XÉNERO: Documentario
SINOPSE: Os Castros do Neixón son un importante xacemento arqueolóxico. Pero neste fermoso recanto da Ría de Arousa conflúen multitude de aspectos. É unha punta que se mete no mar, e dende a Prehistoria foi unha fonte de riqueza para os seus veciños. Entre as actividades económicas en torno a esta punta destacou sempre o marisqueo. Pero nas últimas décadas tamén foi importante o fenómeno do narcotráfico…
POR QUE LAS BABOSAS NO TOMAN SAL
DURACIÓN: 24 minutos
PAÍS: España, 2010
DIRECTOR: José Corral
PRODUTORA: José Corral
XÉNERO: Ficción- Animación
SINOPSE: Ante a insistencia do seu manager, J. J. Coco ten que volver a escribir un guión comercial. Mentres, a súa amante quere regalos e a súa ex grítalle a coro co nene. O heroe choriquea, o garda ameaza, o Barón soña con diñeiro, o Chatarrero tolo con dominalos a todos e Leopoldo, a babosa, cun pouco de comida. Parece unha historia absurda… o é.
EL TRÁNSITO
DURACIÓN: 12 minutos 30 segundos
PAÍS: España,
2009
DIRECTOR: León Siminiani
PRODUTORA: Elias León Siminiani
XÉNERO: Experimental
SINOPSE: Versión non oficial e clasificada da hora punta e as súas consecuencias na vida do home moderno.
QUID POR QUO
DURACIÓN: 15 minutos
PAÍS: España, 2009
DIRECTOR: Fran Araújo e Manuel Burque
PRODUTORA: Altube Filmeak
XÉNERO: Comedia
SINOPSE: Alejo non lembra ónde aparcou o seu coche e, mentres o busca, tropeza con Claudia en estrañas circunstancias. A partir dese momento estarán en débeda para sempre: quid pro quo.






Inglês
Español
Galego 






