Sección Oficial
Cada ano, OFestivalON recibe centos de curtas de todo o mundo que buscan darse a coñecer a través das proxeccións. Este ano, unha vez máis, o proceso de selección é difícil, xa que a calidade das pezas é cada vez maior. Corea, Afganistán, Italia, Alemaña, UK, Arxentina, Holanda, Australia, Irán e Francia son algúns dos países dende onde envían as súas curtas. Estas pezas, que non deben superar os 20 minutos, divídense nas categorías de Curtas de FICCIÓN, DOCUMENTARIO e ANIMACIÓN.
Como exemplo da importancia desta mostra, o ano pasado foron 42 as obras seleccionadas dentro da Sección Oficial para participar a concurso, 18 correspondentes a Ficción, 11 a Documentario e 13 a Animación. O Cantón dos Moreno e o Cine Teatro foron os espazos emblemáticos da vila elixidos para as proxeccións. Programáronse 6 sesións para o visionado dos filmes. En cada sesión o público asistente valoraba do 1 ao 5 as curtas que máis lle gustaban e a responsabilidade de dar o Premio do Público recaeu sobre os centos de persoas que asistiron ás proxeccións. Este ano, ó igual que as pasadas edicións, a mostra será completa e o público terá que encargarse de entregar este galardón…
Polo de agora, seguiremos navegando polos centos de curtas que chegaron dende os lugares máis dispares da Terra e escollendo cales serán as incluidas na programación do OFestivalON!

Inglês
Español
Galego 






