Obradoiro Stop-motion : OFestivalON

Obradoiro Stop-motion

Os cativos que asistan á Casa da Xuventude o venres 30 de xullo nas horas da tarde, terán a oportunidade de crear unha pequena curta de animación dun minuto dun xeito práctico e lúdico baseándose na técnica de stop-motion con plastilina. Ademais, cada participante levará un DVD coa curtametraxe realizada e co making off .