Mistura Sound : OFestivalON

Mistura Sound

  • Pasarrúas + Concerto Crebinsky:

O Universo Crebinsky mistura música e cine nun pack espectacular que inclúe pasarrúas, proxección do filme e concerto. Así, esta road movie, mistura surrealismo e cine bélico nunha combinación insólita. Ademais de percorrer as rúas de Ribadeo, o sábado 31 ás 21 horas, o grupo que interpreta a banda sonora de Os Crebinsky ofrecerá un concerto trala gala de entrega de premios, ás 23 horas. Día sábado 30 – 21 horas – Pasarrúas dos Crebinsky. Día sábado 30 – 23 horas – Concerto Crebinsky no Cantón dos Moreno.

  • Lamatumbá

O grupo galego será un dos encargados de animar a gala do festival, poñendo os seus ritmos de reggae, ska, pop e mesmo pasodobre sobre o escenario. Unha mistura á que, ademais, temos que engadir a paixón pola verbena e pola festa e o poder de denunciar feitos sen perdelo sorriso. Día sábado 31 – 23.45 horas – Concerto de Lamatumbá.

  • Compañía de danza SOLODOSneodans

Esta compañía de danza contemporánea presentará a súa peza “Nozomi”, nunha actuación que falará do valor do tempo e do instante nas imaxes da nosa mente, baixo o lema “nun intre pode ocurrir todo ou non pasar nada”. O grupo, formado polos bailaríns Carmela García e Erick Jiménez, moverase ó son de Julián Ávila. Día venres 30 – ás 21 horas no Cantón dos Moreno.