Intervén : OFestivalON

Intervén

Esta sección acollerá unha serie de actuacións artísticas como é o graffiti. Felipe e Brais, ou o que é o mesmo, Snek e Asten encargaranse de amosar ós ribadenses esta arte o xoves, venres e sábado. Ambos rapaces decántanse polos distintos tipos de letras, o graffiti tradicional e o volume, así como o muralismo, tendo máis de cinco anos de traxectoria neste campo.