Books 4U : OFestivalON

Books 4U

BOOKS 4U é a parte literaria do festival, que nesta edición acollerá a presentación de dous libros, unha novela e un manual técnico, unha aposta pola fusión de distintos ámbitos neste mesmo escenario no que se convirte Ribadeo estes días.

-          Carlos Reigosa presenta o seu libro “A Lei das ánimas”, unha obra de corte cinematográfico que fala das lendas, crenzas, tradicións e mitos do rural. Ademais, trala presentación terá lugar unha sinatura de libros por parte de Reigosa. A presentación terá lugar o venres 30 ás 20.30 horas no Cantón dos Moreno.

-          O libro “Cine y televisión digital. Manual técnico” de Jorge Carrasco é un texto para profesionais ou estudantes do audiovisual para ampliar os seus coñecementos e para quen queira iniciarse e profundizar no tratamento da imaxe dixital. Este manual é unha obra de consulta rápida e exhaustiva. A presentación terá lugar o sábado 31 ás 13 horas no Cantón dos Moreno.