Xurado A Toda Mecha
Chelo Loureiro, Ferrol 1958
Responsable da división de animación da produtora galega Continental e á cabeza de Abano Produccións, productora audiovisual de cine de animación. Tamén conta con experiencia no eido da produción executiva (Lúa Films), tanto a nivel estatal como internacional e é vocal de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales) en Galicia.
Carlos Reigosa, Lagoa da Pastoriza 1948
Escritor e xornalista galego, licenciado en Ciencias da información e Ciencias Políticas e autor de artigos publicados tanto en xornais en revistas. Entre os seus libros, destacan Crime en Compostela (1984), O misterio do barco perdido (1988), Narcos (2001) e Intramundi (2002) e A Lei das ánimas (2010).
Omar Rabuñal, A Coruña 1978
Licenciado en Bioloxía, é “Técnico Superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos” pola Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Traballou en teatro en Ancora Produccións S.L. en obras como “Paso de cebra”, “Final de Película”, “Ánimas”, ou “O Intruso”, entre outras moitas. Tamén foi axudante de realización do documental “Impacto medioambiental do Prestige” en 2003.
Quique Otero, A Coruña 1971
Comeza rodar en 1992 a súa primeira curta “Coitelo” e combina o seu traballo en televisión e publicidade coa súa afección pola fotografía. Da vida ós irmáns de “Os Crebinsky”, unha curtametraxe que en 2002 gaña o 7º festival A Fila de Valladolid. Dirixe, a partir de aí, outras curtametraxes como Parole (2005). Tras varios anos traballando, nace a película co mesmo título que se fai realidade en 2010. Segue activo no mundo da música a través da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (Ou.M.E.G.A) e da Banda Crebinsky, mentres traballa no documental Inventarios.
Xosé Pereira, Moraña 1976
É profesor titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación Novos Medios da USC. Na actualidade, é o decano na Facultade de Ciencias da Comunicación da universidade compostelá e durante tres anos foi o Coordinador de Comunicación Interna e Imaxe Institucional da USC. Entre as súas publicacións, figuran varios artigos e participou na redacción de varios libros sobre o ciberxornalismo, coma Sistemas digitales de información (Pearson, 2006).

Inglês
Español
Galego 






