A Toda Mecha
Un ano máis, Ribadeo e a súa xente dai a benvida á creatividade audiovisual de novos talentos.
OFestivalON convoca a V Edición do certame A TODA MECHA ‘Curtas Express’, que se celebrará en Ribadeo o último finde semana de xullo.
No marco da celebración da VI Edición de OFestivalON, e fieis á filosofía de apoio á creación novel en equipo, Mr Misto Films organiza A TODA MECHA ‘Curtas Express‘ coa finalidade de incentivar a produción de curtas. Produción, gravación, edición e estreno de curtametraxes comprimidas nun fin de semana en verán, festa e moito audiovisual de calidade.
Se es novo, tes unha idea e queres expresa-lo teu talento, A TODA MECHA-Curtas Expres é a tua oportunidade. Envía o teu proxecto, seguindo as bases que aquí podes atopar, e participa nesta edición. Ademáis de realiza-la túa curta, podes gañar o MISTO DE PAU á Mellor Curtametraxe, de 3000 €, entre outros.
O plató natural de Ribadeo e arredores están listos!!!!!!!!!! Mira as BASES aqui
PARTICIPA.
Inglês
Español
Galego 






